Club de Remo Ares
Club de Remo Ares | |
---|---|
Cidade | Ares Galicia |
Fundado | 1958 |
Presidente | Germán Sánchez Vilar |
Adestrador | Pendo |
Patrón | Félix Duarte Carme Veiga |
Competición | Liga ACT |
Títulos | |
LGT-A | 2 (2016, 2019) |
Embarcación e cores | |
Embarcación | Santa Olalla de Lubre |
Cores | Azul |
Sitio web Sitio web oficial |
O Club de Remo Ares é un club deportivo galego do concello de Ares, fundado en 1958. Disputa regatas en todas as categorías e modalidades de banco fixo, bateis, trainerillas e traiñeiras, e tamén en banco móbil. Ao longo da súa historia acadou tres medallas de ouro no Campionato de España de Remo Olímpico e dúas no Campionato de España de Bateis. Ademais gañou dúas veces a Liga Galega de Traiñeiras e dende 2019 compite na Liga ACT.
Historia
[editar | editar a fonte]O club foi fundado na Cofraría de Pescadores de Ares o 9 de decembro de 1958, por Francisco López Sánchez "Pancho", que foi ademais o seu primeiro presidente.[1] En 1959 participou nas súas primeiras competicións de bateis e traiñeiras, disputando entre outros o Campionato de España de Traiñeiras celebrado na Coruña coa traiñeira Ana María.
Tras 20 anos sen participar en competicións de traiñeiras, volveu facelo en 1984 e desde entón participa todos os anos en competicións desta especialidade.[1] En 2016 gañou a Liga Galega de Traiñeiras e puido ascender á Liga ACT, a máxima división de remo en banco fixo.[2] Tras descender en 2017 logrou un novo ascenso en 2019.[3][4]
Un dos seus remeiros, Horacio Allegue, participou nuns Xogos Olímpicos, en Barcelona 1992.[1]
Resultados
[editar | editar a fonte]Ano | Liga | Posto | C. Esp | Concha | C. Gal | Adestrador |
---|---|---|---|---|---|---|
2004 | Liga Galega A | 9° | ||||
2005 | Liga Galega A | 5º | 8º | |||
2006 | Liga Galega A | 7° | ||||
2007 | Liga Galega A | 11º | ||||
2008 | Liga Galega A | 7° | ||||
2009 | Liga Galega A | 8º | ||||
2010 | Liga Galega A | 10° | ||||
2011 | Liga Galega A | 9º | ||||
2012 | Liga Galega A | 8º | Agustín Fernández | |||
2013 | Liga Galega B | 1° | 8º | Agustín Fernández | ||
2014 | Liga Galega A | 5° | 7º | Agustín Fernández | ||
2015 | Liga Galega A | 3º | 7º | Agustín Fernández | ||
2016 | Liga Galega A | 1° | 5º | Agustín Fernández | ||
2017 | Liga ACT | 11º | 5º | Agustín Fernández | ||
2018 | Liga Galega A | 2º | 2º | Agustín Fernández | ||
2019 | Liga Galega A | 1º | 2º | Alberto Hermo | ||
2020 | Liga ACT | 10º | 4º | Alberto Hermo | ||
2021 | Liga ACT | 9º | 8º | 2º | Pendo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Historia do Club de Remo Ares" (en castelán). Consultado o 24 de setembro de 2021.
- ↑ Valencia, José (19 de setembro de 2016). "La trainera de Ares logra un histórico ascenso a la liga ACT". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24 de setembro de 2021.
- ↑ Ramajo, Roberto (17 de setembro de 2017). "Donostiarra sube al cielo". Cadena SER (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2021. Consultado o 24 de setembro de 2021.
- ↑ "Ares ascende á ACT". CRTVG. 16 de setembro de 2019. Consultado o 24 de setembro de 2021.